Traductor

domingo, 28 de julio de 2013

NOTICIAS





En esta sección tendrán las noticias, opiniones o comentarios sobre la evolución del tratamiento del estrabismo.
Noticias:

EL GALLEGO EN LA CIENCIA
 
En el tomo II número 4 del curso 1957-1958 de Refaratas, publicada por la Academia Médico Quirúrgica Provincial, con sede en la viguesa calle del Príncipe, se abría con un texto de una conferencia del Dr. Beiras en gallego “ ENSAIOS PARA MELLORAR OS RESULTADOS TERAPÉUTICOS NO ESTRABISMO”. Era el primer texto científico que se publicaba en gallego durante la dictadura del general Franco.
La conferencia y el texto en gallego publicado por la revista Refaratas, el Dr. Beiras presenta su proyecto de investigación, que más tarde en el año 1963, lo hace visible construyendo el primer prototipo.
La presentación de su proyecto de investigación comienza con una introducción de la necesidad de utilizar el gallego como lengua en la ciencia tecnológica. El texto es del año 1957 cuando escribir o utilizar el gallego no resultaba prudente.

E dito isto entremos no asunto:
LIMIAR
A fala de noso País Galego tivo como é ben sabido, un inicio brillante na época dos Cancioeiros Galaco-Portugueses, polos Séculos XI, XII e XIII, chegando a infruir eistraordinariamente no desenrolo das outras falas e literaturas peninsuares. Posteriormente viñeron centurias de apouvigamento en que permanece acunada no colo do pobo, humilde e resistente. Prodúcese mais tarde o seu Renascemento, fai cousa de cen anos, e dende entón xa non deixou de rescibir constantemente empuxe i-engrandecemento.
Primeiro foron os poetas, logo os prosistas e inda os filósofos. Ao mesmo tempo renascia a personalidade nosa, cousa moi natural pois que a fala e una das manifestazóns da sua cultura. E ansí renasceron asemade, a música, a pintura e as artes todas en maor ou menor pulo.
Os médicos tiverón, para nosa satisfación, parte importantísima nista fermosa laboura: Podal, cós seus <<Queixumes dos Pinos>>, Leiras Pulpeiro, Rodríguez Seoane, Barcia Caballero, Castelao sobre todo, e moitos mais e moi ilestres, son exempros destacados. Pero todos eles falarón, escribiron ou fixeron arte, non como médicos, na laboura especifica da Cencia Biolóxica, sinón nun prano separado, ou polo menos non íntimamente relacionado con ela, ainda que na formazón da sua humanidade e na sua obra, tivo indudabre infruxo a leición constante, rescibida parante anos, na Fonseca Compostelana.
Coido en que os homes de ciencia e concretamente os médicos, poden tratar de honorar a propia fala, escribindo nela as suas ouservazóns i esprimentos ainda que sexan modestas, sempre que cumpran os demais requiloiros eisixibles a todo investigador: veracidá e rigor, apurados a os lindeiros do posible, nos seus pescudamentos. Mais ainda i-elo como consecuencia de una intención, que é a de identificarse e chegar ao pobo a que oerteñecen, sin renuncia, denantes ao contrario, ao senso universal da ciencia.
Especulando sobre as supostas incapacidades do galego para a eispresión centífica, que polo que se ve, sosteñen algúns escribe F. Xavier Sánchez Cantón (1)[i]:<< Os indiferentes de que non os lean ou que, de leelos non os tentendan, poden aproveitarse do galelo mesmo para Física Cuántica>>. E logo engade que debe traballarse arreo neste teima de poñer o galego en condicións de ser <<Instrumento de todos os saberes>>. Para elo deberíase facer, di el, <<una laboura leísica formal>>.
Eu estimo non descamiñando as opiniós trascritas, mais, tendo en conta que para adeprender a andar o mellor é escomenzar patexando, tamén as falas adeprendese tatexando, si for preciso, denantes das regras gramaticaes. Isto supoñendo que a nosa fala non tivese a madurez xa perfeitamente demostrada nos demais campos do saber, e tendo en conta que o linguaxe centífico é relativamente sinxelo e nútrse de vocablos común a moitas falas. Por outra banda nas cencias de novísima creazón ningún idioma, ainda o mais progresado nestes terrenos, dispón das verbas percisas e deben os centíficos inventalas inmediatamente despois da lei acabada de descubrir. O lésico centífico surdirá dútil limpo i esaito cando nos poñamos a elo porque eiqui ten apricazón a lei biolóxica: <<a función fai o órgano>> (seguramente pensaba ansí o universitario Porteiro Garea cando verteu iste consello:<< Falade i escribide o galego como seipades>>. Non quedarse sentados, cruzados de mans, na agarda de que veñen seres sacrificados, de gran vocazón, que nos preparen pirmeiro o camino, sin outra compensazón que algunas citas, cando non a mais compreta escuridá sobre a sua laboura. Moi resolutivas e <<direitas>>, paréceme as ideias de Castelao sobre o particular-Il estima que o interesante está sobor todo no que se dice, no valor das ideas, e non tanto na perfeción do medio eispresivo utilizado. No caso do galego escríbase cousas de verdadeiro interés (o que desgraciadamente non se producirá niste traballo) e o prestixio da fala recibirá un gran pulo, ainda que a eispresión nonn seña esaita, o cal non nos autoriza, naturalmente, a empregala con liviandade, mais sin someter as ideas a escesos de preocupazón purista nas formas. <<Os libros escríbense con ideas e non con ortografía>> decíalle un artesan pontevedrés ao noso taumaturgo que lle chamaba a atenzón sobre algún erros gramaticaes en determiñado escrito, e ao que paresce, él, sempre aberto, recolleu a parte de insiñanza da frase.
O galego escribese e fálase <<sobre a marcha>>e listo, percurando a maior fidelidá ao esprito propio, escollendo as verbas mais axeitadas dentro dos nosos eidos, que moitas haberá, e si non aparecesen a que se percisa, bótase man de vocablos que aisistan en falas semellantesá nosa, ou críase un neoloxismo. Xa virán atrais os <<puristas>> a criticar, a suprimir....pro diamos traballo a todos, cada un no seu.
Por outra banda, non coido seña desdouro para nós coller emprestada alguna terminoloxía do Portuxés, poñamos por caso. Ela é una fala irmá da nosa. As duas tiveron nascemento nas mesmas leiras, ainda que desenroladas con sorte distinta, pois aquel non deixou de arriquecerse a cotío. Podémolo considerar pois en certo xeito como galego traballado. Moi natural entón que nos empreste algún anaco do patrimonio que nos foi común. E dito isto entremos no asunto:




[i] Versos de Alleas Terras e de Tempos idos. Ramón Cavanillas. – Ed. Bibliófilos Gallegos. Compostela, 1955

ADICADO.

A todas as mulleres e homes de Galiza, que traballan sin desmaio pola sua prosperidá material e rexurdimiento do esprito. Igoalmente para aqueles que,independentemente do seu nacemento e condición, sintan apego por iste retallo verde do Solar Ibérico. Con esperanza.

O AUTOR.

Intento de visita al aula donde se presento el Vigoscopio
PARÍS
junio 2013


En 1965, se presento en París en el HOTEL DIEU. El Hôtel-Dieu de París es el hospital más antiguo de la ciudad de París. Se encuentra asociado con la Facultad de Medicina París-Descartes y está situado en la orilla izquierda de la Île de la Cité, cerca de la catedral de Notre-Dame. El nombre Hôtel-Dieu significa Casa de Dios y se emplea en Francia para designar al hospital principal de una ciudad.
En esta año 2013 48 años después, intento visitar el aula donde fue presentado el VIGOSCOPIO, y me encuentro con el edifico en plena restauración y por ser domingo no puedo pasar. En la foto me encuentro delante de la puerta después de salir de la recepción de este centro donde ejercieron la medicina los científicos más importantes de Francia.