Los médicos honran el espíritu galleguista de Antón Beiras
Colocan una placa donde se ubicaba su consulta
03.03.2013 | 07:10
REDACCIÓN En su consulta del número 22 de la calle Policarpo Sanz, el oftalmólogo compostelano Antón Beiras desarrolló el Vigoscopio, un comlejo aparato para corregir el estrabismo. Pero esta invención no fue lo único por lo que destacó Fue el autor del primer artículo médico en gallego durante el franquismo (1957). La Irmandade da Sanidade Galega y el Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra le reconocieron ayer este defensa del uso del gallego en la ciencia con una placa en el lugar donde estuvo su consulta. El acto lo presidió su viuda, Antía Cal, acompañada por su sobrino, Xosé Manuel Beiras.
La Irmandade da Sanidade rinde homenaje a Antón Beiras
Descubrirán una placa
en su antigua consulta y explicarán su defensa del gallego
La Irmandade da Sanidade Galega y el Colegio de Médicos de Pontevedra
rendirán homenaje este sábado al oftalmólogo vigués Antón Beiras. El acto
consistirá en el descubrimiento de una placa en un edificio de Policarpo Sánz
donde tuvo consulta y un homenaje en el Centro Social Novacaixagalicia.
Antón Beiras fue un médico de reconocido prestigio, fallecido prematuramente en 1968, y un investigador conocido por inventar un aparato, el Vigoscopio, para tratar el estrabismo. Pero la Irmandade da Sanidade se fijó en él también por otro motivo, que tiene que ver con su objetivo de promocionar el uso del gallego en la sanidad. Antón Beiras demostró una gran firmeza en el uso del idioma gallego en una profesión que se expresa mayoritariamente en castellano y sobre todo porque tuvo el valor de hacerlo durante el franquismo, cuando estaba muy mal visto. En 1957 Beiras había publicado un artículo médico en gallego y en su introducción defendía el uso del idioma en la ciencia, según explica el coordinador de la Irmandade, Pablo Vaamonde. Este colectivo nació en A Estrada hace dos años, tiene relación con la Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia y cuenta con un centenar de socios de distintas profesiones sanitarias.
Pablo Vaamonde explica que en su consulta comprobó en muchas ocasiones como los pacientes ocultan su identidad idiomática cuando van al médico, igual que cuando tratan con un abogado o un notario. “Esto ocurre y ves también que si te expresas en gallego la gente mayor sobre todo siente más empatía y una proximidad mayor. La consecuencia es que mejora la comunicación y tiene efectos terapéuticos”. Frente a esto, la mayoría de los médicos se expresan en castellano, salvo en las zonas rurales.
“Nosotros no queremos imponer nada, partimos de una actitud positiva y amable, y decimos a los que sientan interés o proximidad hacia el idioma las ventajas de usarlo con los pacientes y que también supone prestigiar el gallego y asegurar su pervivencia”, subraya. Al acto acudirá el sobrino del oftalmólogo, Xosé Manuel Beiras, entre otras personas.
Doutor Antón Beiras
Manuel Bragado
04.03.2013 | 07:30
Foi moi oportuna a homenaxe da Irmandade da Sanidade Galega e o Colexio
Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra en memoria da figura humana e
intelectual do doutor Antón Beiras García. Dende o sábado, unha placa no número
22 da rúa Policarpo Sanz, onde tivo no primeiro piso a súa consulta, lembrará a
figura deste oftalmólogo galeguista falecido hai corenta e cinco anos. Foi o
doutor Antón Beiras un comprometido militante antifranquista nas filas do
Partido Comunista, amante do deporte da vela na ría nosa a bordo do seu bote de
madeira "Ultreia", membro do primeiro consello de administración da
editorial Galaxia, investigador destacadísimo no eido da Estraboloxía e creador
do sinoptóforo de televisión, que bautizou con retranca como
"Vigoscopio". O mesmo Beiras a quen moitos vigueses lembrarán polo
feito de ser o compañeiro da pedagoga Antía Cal, a fundadora do Colexio Rosalía
de Castro, outra figura extraordinaria e irrepetible.
Pertencente á xeración das Mocidades Galeguistas, viviu Beiras durante a
Guerra Civil e os anos de dura Posguerra o drama interior dos galeguistas
organizados que nunca renunciaron ás súas conviccións. Instalado en Vigo dende
o ano 1950, dúas iconas presidían a súa consulta no primeiro piso do edificio
Sanchón (o mesmo onde no terceiro tiña as súas oficinas a revista
"Industrias Pesqueras" de Valentín Paz Andrade), unha fotografía do
doutor Nóvoa Santos e unha estatuíña de Castelao, que acabara de finar en
Buenos Aires. Ambas pezas que amosaban as dúas angueiras que moveron a súa
vida, o seu inequívoco afán como investigador médico e o seu compromiso coa
lingua e cultura de Galicia. Actividades que Beiras soubo integrar con enorme
coherencia no seu comportamento familiar, social e profesional. Emporiso, a
familia Beiras-Cal foi, probablemente, a primeira en educar aos seus fillos en
galego, como o doutor Beiras foi tamén o primeiro en publicar en galego un
texto científico tras o alzamento franquista, un auténtica proeza para aquel
ano 1958, no que Ramón Otero Pedrayo impartira a súa primeira clase en galego
(dende 1936), no día da súa xubilación como catedrático da Universidade de
Santiago.
Abraia hoxe a lucidez argumentativa daquel artigo, "Ensaios para
mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo", publicado en
"Referatas", a revista da Academia Médico Quirúrgica de Vigo. Antón
Beiras defendía no seu limiar a lingua galega como "vehículo axeitado para
ser instrumento de todos os saberes", ao tempo que salientaba as achegas
dos médicos ao labor da súa promoción, citando a doutores como Pondal, Leiras
Pulpeiro, Rodríguez Seoane ou ao propio Castelao. Neste artigo, o doutor Beiras
propoñía que os médicos "honrasen a propia fala, escribindo nela as súas
observacións e experimentos", así como tratando de expresarse en galego
cos seus pacientes coa intención de "identificarse e chegar ao pobo que
pertencen, sen renunciar, ao senso universal da ciencia". Ambas propostas
normalizadoras para a nosa lingua que, transcorridos cincuenta e cinco anos,
non perderon vixencia ningunha.
Outra grande proeza do doutor Beiras foi a creación do Vigoscopio, co que
culminou a súa investigación do tratamento do estrabismo, a doenza do ollo
virollo, mediante o tacto, seguindo as teorías do oftalmólogo polaco doutor
Starkiewicz, sen fármacos nin intervención cirúrxica. Unha achega relatada con
todo detalle por Alejandro Otero Davila, un dos seus colaboradores máis
achegados, en "Antón Beiras. La mirada certera" (2009), un libro
esencial para profundizar na figura do oftalmólogo galeguista. Unha tarefa de
investigación aplicada que iniciara coa creación doutros aparellos como o
quinepleoscopio (1958) e que culminou cos diversos prototipos do sinoptóforo de
televisión (Vigoscopio), o primeiro presentado en 1963 no Congreso de
Telecomunicacións realizado en Madrid, o segundo no Congreso Internacional de
Oftalmoloxía celebrado en París en 1965 e o terceiro e cuarto, o definitivo,
nos anos 66 e 67, cando xa estaba instalado na Clínica-Taller do Colexio Hogar
de San Roque. Os primeiros traballos desenvolvéronse nas instalacións da ETEA
en Teis, daquela na punta do traballos das telecomunicacións, contando co
financiamento da Caixa de Aforros de Vigo, que quedou coa patente e coa
propiedade dos aparellos. Seguro que non debeu ser doado ao doutor Beiras
convencer ao alcalde Portanet e aos responsables da caixa de que "a
investigación non é un gasto, senón un investimento de futuro, imprescindible
para o progreso da humanidade", argumentos do investigador humanista que
non perderon vixencia. Antón Beiras, o iluminado, como foi despedido
agarimeiramente en "Faro de Vigo" por Darío Álvarez Blázquez, merece
toda a nosa admiración.
La Voz de Galicia
Antón Beiras na memoria e no corazón
01/03/2013
A Irmandade da Sanidade Galega celebra
en Vigo un acto na honra de Antón Beiras.
Manuel
Sánchez Salorio
E pídeme unhas verbas sobre quen foi o meu amigo e tamén compañeiro de aventuras e desventuras naquela súa orixinal invención para tratar o estrabismo que o propio Antón bautizou como Vigoscopio. Se agora pecho os ollos e abro a porta ao fluír das lembranzas, Antón aparece como un varón maduro, mesmo atlético, que non para de moverse. Movendo sempre aqueles seus ollos de miope, explorando incesantes todo o seu arredor. Lembro tamén e sobre todo a súa simpatía e a súa vitalidade. Esa forma particular da vitalidade que é a enerxía. Beiras era compacto, obstinado, enérxico e moi seguro de si mesmo pero a súa personalidade nada tiña que ver coa que é propia dun tipo duro. A solidariedade cos demais e mesmo as veces unha inesperada tenrura rompían ese posible perfil de dureza.
E pídeme unhas verbas sobre quen foi o meu amigo e tamén compañeiro de aventuras e desventuras naquela súa orixinal invención para tratar o estrabismo que o propio Antón bautizou como Vigoscopio. Se agora pecho os ollos e abro a porta ao fluír das lembranzas, Antón aparece como un varón maduro, mesmo atlético, que non para de moverse. Movendo sempre aqueles seus ollos de miope, explorando incesantes todo o seu arredor. Lembro tamén e sobre todo a súa simpatía e a súa vitalidade. Esa forma particular da vitalidade que é a enerxía. Beiras era compacto, obstinado, enérxico e moi seguro de si mesmo pero a súa personalidade nada tiña que ver coa que é propia dun tipo duro. A solidariedade cos demais e mesmo as veces unha inesperada tenrura rompían ese posible perfil de dureza.
A capacidade de comunicación cos demais facía que esa súa vitalidade fora
contaxiosa. Resulta ben curioso o que nos ocorre no trato cos demais. Benedetto
Croce deixou dito que «pelma é aquel que nos quita a soidade sen darnos a
compañía». Hai persoas que tan só saudalas percibimos que dentro de nós o ánimo
se volve máis forte e que nos medran as ganas de vivir e de facer cousas
importantes. Pola contra, hai outras que con só velas éntranos un xeito de
preguiza.
Antón Beiras era o prototipo desa vitalidade contaxiosa. E iso era o que o
facía orixinal, irrepetible. Nas conversas con Eckerman hai un momento no que
se conta a visita de Napoleón a Goethe en Weimar. Eckerman pregunta: ¿cómo era,
que aspecto tiña? E Goethe contesta: era sempre el, se vía que era el. Iso é
todo. Valeu a pena telo coñecido.
Se alguén me preguntase como era Antón Beiras eu tamén diría: era el,
sempre se vía que era el. Non se parecía a ninguén. Valeu a pena telo coñecido.
Antón foi o
primeiro galeguista optimista que eu coñecín. Despois souben que tiña sufrido
persecución e cadea pero endexamais o seu discurso foi o da queixa ou do
vitimismo. Un día regaloume un exemplar da primeira edición de Sempre en
Galiza. Agora búscoa na biblioteca e leo a dedicatoria: «A M.S.S. nestes días
de alboradas dos pobos do mundo. Fraternalmente». Esa era a fonte da enerxía da
Antón Beiras: a fe e a esperanza na alborada. Porque foi el quen -¡hai máis de
cincuenta anos!- me fixo entender o que Sempre en Galiza significa. Sempre
Antón Beiras andará pola miña memoria e o meu corazón.
Faro de Vigo - Antón Beiras, un médico, científico e galeguista optimista
24/02/2013
O profesor Ricardo
Gurriarán é o autor dunha documentadísima obra publicada polo Servizo de
Publicacións da USC co título “Ciencia e conciencia na Universidade de
Santiago (1900-1940)”.
|
|

Rematada a carreira escolle a especialización de oftalmoloxía e abre consulta en Vigo, na rúa Policarpo Sanz núm. 22, porta con porta co despacho de Valentín Paz Andrade. Pola volta dos anos 60 Antón Beiras participa no seminario dedicado aos oftalmólogos de Galicia dirixido polo profesor Sánchez Salorio desde a súa Cátedra de Oftalmoloxía da USC. Ambos os dous organizan o ano 63 o Congreso da Sociedade Española de Oftalmoloxía na Toxa.
“Antón Beiras foi o primeiro galeguista optimista que eu coñecín”, dixo o profesor Sánchez Salorio nun traballo publicado no libro “Antón Beiras. La mirada certera. Historia del Vigoscopio”, de Alejandro Otero, un dos seus máis estreitos colaboradores na creación daquel instrumento tecnolóxico revolucionario no seu tempo que permitiu corrixir o estravismo. O ollo virollo tiña amaño grazas ás súas investigacións. Outros aparellos construídos baixo a súa dirección e polos seus colaboradores, foron o alternoobturador, o quinepleoscopio, a estimulación muscular por radio frecuencia, os prismas hidroelásticos de variación automática...
O galeguismo de Antón Beiras víñalle de vello, pois na súa mocidade pertencera aos “Ultreia”, unha agrupación xuvenil creada por Álvaro das Casas. Daquelas ensinanzas quedaron o seu amor pola nosa lingua, que consideraba apta para os traballos científicos. “Coido eu que os homes de ciencia, e concretamente os médicos, poden tratar de honrar a propia fala, escribindo nela as súas observacións e experimentos aínda que sexan modestas...Mais aínda: deben tratar de expresarse na propia fala e isto como consecuencia dunha intención, que é a de identificarse e chegar ao pobo ao que pertencen, sen renunciar, todo o contrario, ao senso universal da ciencia”, afirmaba nun artigo publicado na revista “Referata”.
A Irmandade da Sanidade Galega e o Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra convocan en Vigo, o próximo día 2, unha homenaxe ao doutor Antón Beiras pola súa sabedoría científica e galeguismo.
Homenaxe (sen labregos)
a Antón Beiras
O dia 2 o doutor Antón Beiras
Garcia foi homenaxeado en Vigo nun acto organizado pola Irmandade de Sanidade
Galega, polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e por un gurpo de amigos
e admiradores do ilustre oftalmólogo coordinados pola man dilixente e eficiente
de Xosé González Martinez.
Xesús Alonso Montero.
O dourtor Beiras (Santiago
1915-1968) é un dos humanistas máis peculiares da Galicia do século XX,
Galeguista desde moi novo, a súa clínica en Vigo estaba presidida, desde 1950,
por un retrato de Roberto Nóvoa Santos e una estatuiña de Castelao. Casou xon
Antía Cal Vázquez (1947), que non tardaría en entregarse ao labor pedagóxica no
colexio Rosalia de Castro de Vigo, un centro pioneiro nalgunhas actividades
educativas. Arredor de 1955 o matrimonio Beiras-Cal protagogonizou un feito
insólito: acordaron converter o seu fogar nun espazo estrictamente galegófono.
Era a primeira vez, desde 1936, que una familia urbana de estatus acomodado e
universitario se comprometia con esa práctica idiomática.
O insigne oftalmólogo morreu
novo, aos 53 anos, cando aínda non perfeccionata o vigoscopio, o seu prodixioso
invento para curar o estrabismo. O 3 de abril de 1968, o chorado P. Seixas, na
súa homilía tivo a valentá de proferir estas palabras en lingua galega <<O
doutor Beiras amaba o idioma galego non só por ser o seu, senón por ser a
lingua habitual do pobo traballador. Do pobo labrego, do pobo
mariñeiro>>. Son palabras que recordan as que o propio Beiras lle
escribiu a don Ramón Otero Pedrayo dez anos antes, o 7 de marzo de 1958. O día
5, o ilustre vatedrático pronunciaría, con motivo da súa xubilación, a súa
última lección no Paraninfo da Universidade de Compostela, proferida, ante o
estupor e a xenreira das autoridades académicas, en lingua galega. Na carta de
felicitación, o doutor Beiras escribía: <<Felicítoo con entusiasmo pola
súa decisión de falar en galego en día de tanta zona en Galicia [....]. Pense
nos labregos e nas clases populares
todas sabendo a súa fala no Paraninfo da Universidade na boca do maor Petrucio
noso...>>. Por se fose pouco, era a primera vez que, desde 1936, alguén
utilizaba o galego nunha tribuna da Universidade de Santiago. Sabido é que
xusto un ano antes, Abelardo Moralejo, decano da Facultade de Filosofía e
Letras, non autorizou a un modesto profesor de literatura da Escola de
Maxisteiro a decir unas palabras galegas nun acto literario.
Na particular biografía deste
oftalmólogo humanista hai una data de ouro: o día en que pronuncio una Academia
Médica Provincial a conferencia Ensaios
para mellorar os resultados terapéuticos do estrabismo, que se publicou, en
1958, no número 4 da revista Refaratas. Nese
estudo, o primeiro de tema médico na nosa fala, Antón Beiras, galeguista e
marxista, apela de novo ao <<pobo,humilde e resistente>>.
Xesús Alonso Montero
Artículo publicado en CULTURAS, suplemento de la Voz de
Galicia 16 de Marzo 2013.
Seguir a @alejandroteroda
No hay comentarios:
Publicar un comentario